salvagarda

Acción e efecto de salvagardar / Aquilo que serve de protección ou garantía contra un perigo

Etimoloxía

Vocábulo creado coa forma feminina do adxectivo “salvo” que significa ‘libre de dano’ ao que se lle engade o substantivo “garda” ‘acción e efecto de gardar’, quizais coa influencia do francés sauvegarde de significado semellante.

Exemplos *

“Unha grande parte dos superviventes do galeguismo anterior á guerra civil (...) decántanse pola creación dunha editorial que revitalice a cultura propia e actúe de salvagarda e promotora da lingua entre a xente máis nova.” (María Dolores Cabrera: Editar en Galicia, 1993)

“Os medios de comunicación fomentarán a protección e salvagarda da igualdade entre home e muller, evitando toda discriminación neles.” (Ana Mª Pérez del Campo Noriega: Tratamento da violencia de xénero dende as políticas de igualdade, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.