samba

Canción e danza de orixe africana, propia do Brasil, con movemento rápido e ritmo a dous tempos

Etimoloxía

A nós chéganos grazas ao portugués do Brasil.

Exemplos *

“Soaban músicas de samba ou bossa nova, algo impropias para o estado de ánimo ou, se cadra, a mellor alquimia, altamente proteica e liberadora, a néboa onde agocharse das miserias e do medo.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“A morriña pasou a converterse en tristeza crioula, en nostalxia dun paraíso perdido e non definido. Antes que os ensaístas, xa os letristas de tangos e sambas detectaron a presencia do galego na escena social latinoamericana .” (Carlos Sixirei Paredes: A emigración, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.