san, sa

En estado de boa saúde, libre de enfermidade.

Etimoloxía

Tomouse do latín sanus, -a, -um 'que ten boa saúde'.

Exemplos *

"… orballa sobre os homes e as mulleres, pais e fillos, sobre os sans e os enfermos, os soterrados, os desterrados e mais os viaxeiros, igual que corre o sangue polas veas …" (Xesús Rábade Paredes: O Correo Galego 01-02-1995)

"… Zeus mesturou unha apócema con auga e mel, ofrecéndolla de beber nunha copa a Cronos, que, despois dun bo grolo, devolveu a pedra e os fillos engulidos que saíron sans e salvos." (Xesús Corbacho: O euro e a construcción europea)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.