sandalia

Calzado lixeiro composto dunha sola suxeita con fitas ou tiras de coiro.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, pero vén do grego sandalión, diminutivo de sándalon, denominación dun calzado de madeira que se ataba con tiras.

Exemplos *

"Fixeime no meu pé, na sandalia e no escarpín brancos." (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos)

"… a pel moura coma coiro enxoito, coma as correas das sandalias vellas dos que moito andaron …" (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.