sandar

Facer recobrar a saúde a / Recobrar a saúde

Etimoloxía

Voz que procede da latina sanare de significado semellante.

Exemplos *

“E un monllo de ruda, por iso do cheiro antigo, por iso das meigas, por iso de darlle un aquel de tradición. Por último, a árnica. Para facer fuxir as meigas e sandar as chagas.” (Emma Pedreira: Bibliópatas e fobólogos, 2019)

“E ninguén soubo, fóra das súas amizades, que o Odilo non puidera ir a máis festas aquel verán porque tivera que sandar dunha coitelada que lle meteran nas costas.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.