sandía

Froito da sandía, redondo e de gran tamaño, que ten a casca verde e a polpa encarnada, de sabor doce, con moito zume e pebidas negras

Etimoloxía

Termo formado desde o árabe sindiyya que significaba ‘propio do lugar do Sind’.

Exemplos *

“Os meloneiros de Vilaviciosa chegaban co verán acompañados dun burro coas alforxas ateigadas de sandías e melóns.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: Memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

“As sandías chegan a Europa no século XIII polo sur, da man dos árabes (...)” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.