Regalo que adoita consistir en doces con que os noivos obsequian a amigos e veciños que non asistiron á voda
Etimoloxía
Palabra cuxa orixe os estudosos non teñen moi clara.
Exemplos *
“Tamén se celebra o repartimento da rosca, que agora recibe o nome de sangaño. A repartición do sangaño realízana os noivos sós ou unha muller da casa.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)
“O día do casamento era costume entregar unha ducia de rosquillas a cada veciño, reparto que se coñecía co nome de sangaño.” (Hortensio Sobrado Correa e Pilar Sobrado Correa: Grial 148, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


