sangría

Bebida feita con viño tinto, auga, limón e azucre.

Etimoloxía

Procede do castelán, onde se creou a partir de sangre, do latín sanguin, -inis.

Exemplos *

"… alí bebemos unha xerra de riquísima sangría, ben fría e cargada de viño e froitas." (Laura Calveiro: As naos afondando)

"Ou sexa que a hora da sangría é a hora do xantar, naturalmente." (Vicente Araguas: A canción do verán)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.