sangue

Líquido vermello e viscoso que circula polas veas e arterias do organismo.

Etimoloxía

Chegou desde a forma latina sanguis –inis.

Exemplos *

“... moito do éxito da especie humana está baseado na cooperación, na cal un sacrifica o seu propio interese en favor dos demais. Pensemos en accións como reciclar, comprar un coche ecolóxico, o valor nunha guerra, a doazón de sangue...” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira)

“... antes de entrar na sala de extracción pícaselle o dedo para obter unhas pingas de sangue que, somerxidas nun líquido, revelan nun intre se o nivel de hemoglobina é satisfactorio.” (Amaia Uriz: Consumer Eroski 11-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.