sanidade

Conxunto de servizos da Administración destinados a preservar a hixiene e a saúde pública

Etimoloxía

Cultismo que chega do vocábulo latino sanitas, -atis ‘saúde’.

Exemplos *

“...os americanos de maior poder adquisitivo e, polo tanto, cun acceso á sanidade privada de categoría, seguían a estar máis enfermos que os seus equivalentes británicos.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira, 2011)

“Pero a realidade demostrou, (...), que os escasos recursos dedicados á sanidade perdían a súa eficacia nun mesto labirinto burocrático e institucional.” (Francisco Díaz-Fierros Viqueira: A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.