Persoa que traballa na sanidade
Etimoloxía
Derivado culto creado sobre sanitas, -atis, ‘sanidade’.
Exemplos *
“A lingua oficial dos sanitarios galegos non é precisamente a da maioría dos usuarios.” (Emilio González Fernández: A peregrinaxe dos síntomas, 1995)
“...adoitaban contratar persoal nos portos españois para cubrir os postos que tivesen relación coa pasaxe, quer dicir camareiros, cociñeiros, sanitarios e tamén, pola dureza do seu cometido, fogueiros.” (Dionisio Pereira: Foulas e ronseis (Retrincos para un tratado do mar dos galegos), 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.