sanmartiño

Peixe da familia dos zeidos, de corpo comprimido, dorso elevado, cunha mancha negra rodeada de amarelo nos flancos, boca grande, aleta dorsal con filamentos longos e cor dourada ou gris

Etimoloxía

A denominación xorde da crenza popular de que as manchas do peixe eran as marcas do dedos do santo cando o devolveu ao mar. Detrás deste nome agóchase o científico Zeus faber.

Exemplos *

“Ninguén entende aquí o meu proxecto. Trato de comunicarllo ao peixe moco, á ouxa, ao sanmartiño, ao polbo, á lagosta. Óllanme e pasan como se eu non fose máis que unha sombra inconsistente.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

“Ela tiña unha caracola de mar, e poñéndoa na orella matinaban como sería aquel e que sanmartiños enormes vivirían aló coas sereas.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.