Santa Compaña

Procesión de ánimas na noite

Etimoloxía

Reunión do adxectivo feminino “santa” que chega desde o equivalente latino sanctus, -a, -um ‘venerado’ e compaña que procede do latín vulgar *compania ‘persoa que comen xuntas’, ‘persoas que van xuntas’.

Exemplos *

“-É a santa compaña. Cando te chama a terra, entras no seu engado sabendo que te mata.” (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto, 2001)

“En calquera momento pode aparecer por un destes camiños a morte , un home lobo, a santa compaña, un trasgo ou o mesmísimo diaño.” (Roberto Vidal Bolaño: Bailadela da morte ditosa (Sete baileretadas de amor e unha de morte), 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí