santolina

Planta da familia das compostas, da que existen diversas especies, que poden ser herbáceas ou arbustivas, inflorescencias en forma de capítulo e flores xeralmente amarelas

Etimoloxía

Denominación que é produto da amálgama das palabras latinas sanctus ‘sagrado’ e linum ‘liño’.

Exemplos *

“A serra do Careón, na comarca da Ulloa, alberga tres especies de plantas que non existen en ningún outro lugar do mundo: a herba de namorar de Merino, a santolina de Melide e a margaza de Barazón. As tres especies endémicas están en perigo de extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.” (Nieves Neira: El progreso, 6-4-2021)

“Un catedrático da USC apunta tamén a que a construción de infraestruturas compromete tamén algunhas especies como a Santolina en Melide.” (Manuel Rey: Gciencia, 29-6-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.