sapo

Anfibio da orde dos anuros, do que existen varias especies, de patas curtas, pel rugosa e xeralmente de costumes nocturnos.

Etimoloxía

Suponse que procede dunha forma prerromana ou dunha onomatopea.

Exemplos *

“Os meigos, pacientemente, fóronlle aprendendo a distinguir as ras e os sapos, as cobras e as víboras, a lontra e o teixo, o carballo e o castiro …” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)

“Chove e a auga vai medrando como o roscón no forno e ampliando a pociña. Logo terei que intentar durmir nunha poza chea de sapos e píntegas percorrendo a miña pel.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.