sapoconcho

Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos.

Etimoloxía

Procede da combinación de sapo, voz de orixe prerromana, e cuncha, do latín conchula, que se creou como diminutivo de concha.

Exemplos *

"… proseguía o padriño paseando incesante a biblioteca, co seu corpo redondo coma o dun sapoconcho …" (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos)

"Despegaba da rocha os caramuxos vivos e miraba como eles se volvían pegar, zoupóns coma sapoconchos somnámbulos." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.