sardana

Baile popular catalán executado por varios bailaríns que forman unha roda

Etimoloxía

Palabra que bebe do termo catalán sardana cuxa orixe é incerta, crese que vén de cerdana ‘propio de Cerdeña’.

Exemplos *

“Centrándonos en particular na Península, pois tamén hai composicións italianas, o primeiro de outubro de 1668 representouse en Barcelona na súa honra a fábula de Eco, con acompañamento de cantos e bailes do país, é dicir, sardanas, e en Montserrat foi recibido polos monxes con cánticos e, como era de agardar, cun solemne Te Deum.” (Clodio Pérez González: Galicia Hoxe, 5-2-2005)

“Nunca se sabe... Aterramos no cumio do Tibidabo. Dende alí a cidade parecía unha sardana debruzada na praia, con longas ringleiras de candeas que semellaban as procesións de san Binitiño de Forcarei.” (Francisco Barxa Iglesias: Os cabalos da troula, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.