Comida a base de sardiñas / Festa popular ou familiar en que se asan sardiñas
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre a voz “sardiña” que procede do latín sardina ‘peixe do mar’.
Exemplos *
“Manolo Penas contábanos que nun principio o que facían era unha sardiñada, na véspera do Corpus, para se xuntaren tódolos veciños. Como lles choveu no 88, tivérona que aprazar e para non repetir aceptaron a idea de Carmen Torres e crearon a Festa da Orella (de cocho).” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)
“O recordo das festas das aldeas e as sardiñadas populares, pelexando co aire para ao final non coller nin un ruín anaco de pan de boroa. Entón eu asocio eses momentos coas cancións do verán e por iso gusto delas.” (Vicente Araguas: A canción do verán, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


