sargo

Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval comprimido lateralmente, cor gris prateada con sete ou oito bandas escuras nos costados e unha negra contra a aleta caudal

Etimoloxía

Termo que chega desde o latín sargus de significado semellante, pero que bebe no grego sargós 'peixe do mar'.

Exemplos *

“Primeiro uns entrantes de xamón e queixo do país, despois ela papou sargo ao forno, mentres eu, que tiña a cota do peixe cumprido grazas á tía Castora, optei por un entrecosto de boi á lousa.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

“Non só é o sargo quen lle ten medo á sombra do aparello, senón que son tódolos peixes do mar.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.