satélite

Corpo celeste que xira arredor dun planeta.

Etimoloxía

Procede do latín satelles, –itis 'acompañante dunha persoa importante' e este posiblemente do etrusco.

Exemplos *

"De momento, a primeira escala será na estación espacial e logo ata a Lúa ou Marte que son o satélite e o planeta máis preto de nós." (Albino Mallo: O Correo Galego 21-12-2000)

"A pesar de que aínda a tarde esparexía os seus presentes cunha luz xa moi difusa, a figura case branca do satélite lunar presidía un firmamento rematado de luceiros." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.