saudade

Sentimento profundo no que o suxeito vive unha perda ou experimenta unha aguda nostalxia de algo xa vivido e que considera desexable

Etimoloxía

Vocábulo vinculado co latino solitas, -atis ‘desamparo’, que deriva de solus, -a, -um ‘só’.

Exemplos *

“Falamos, iso si, doutras moitas cuestións que, vaia, até certo punto, si que podían estar relacionadas: outra vez da saudade, de Rosalía, algo sobre Castelao..., pero non retornamos a aquela controversia, iso non.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

“En opinión de Piñeiro, a importancia da reflexión sobre a saudade radica en que ten un interese "universal" xa que "non só nos permitirá comprender mellor o noso propio ser senón que representará unha contribución fundamental na evolución do pensamento filosófico europeo".” (V. Oliveira: Galicia Hoxe, 7-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.