sauna

Baño de vapor a altas temperaturas, seguido doutro en auga moi fría

Etimoloxía

Procede do finés sauna 'casa de baño'.

Exemplos *

“Cando estaba canso buscaba un sitio tranquilo como a ópera ou a sauna e ás veces descubría habitacións dispostas para o descanso coma un hotel.” (Xosé Cid Cabido: Días contados/ Soamente unha vez, 1991)

“Carme enleou as mulleres nunha conversa sobre as vantaxes da sauna e das masaxes.” (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato, 1993).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.