Campo sementado de trigo ou outros cereais
Etimoloxía
Crese que vén do latín ibérico senara ‘campo de sembra’.
Exemplos *
“Enguliu unha tarde de setembro, co bater das belotas caíndo no terreiro, e segou unha seara na forza do verao, mesmo notou no pescozo un pruído de arganas de espiga.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Catering. Un relato de avancarga, 2011)
“Vénme o zunido _lonxe_ dos vellos castiñeiros. E as ondas do centeo movendo nas searas. E os corpos tremecentes de paxariños mornos _non ben nados_ nas sombras da Devesa.” (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.