seca

Falta prolongada de chuvia

Etimoloxía

Termo que se crea sobre “secar” que vén do verbo latino siccare ‘volverse seco’.

Exemplos *

“Unha choiva ou unha tronada que veña a destempo, pode impedir unha seca ou un clareo e derrama-lo traballo de moitas horas.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos, 2001)

“Aínda hoxe cando no verán, por mor da seca (...), a auga escasea e remata por esgotarse o cal obriga novamente a ir buscala ás fontes, pero xa non é o mesmo.” (Jesús Alfonso Parada Jata: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.