Etapa do ensino que comprende a escolarización entre os doce e os dezaoito anos
Etimoloxía
Voz que bebe do latín secundarius, -a, -um 'que está baixo as ordes de alguén’, ‘subalterno’, ‘secundario’.
Exemplos *
“A dona do doutor Zulueta, unha economista xubilada, levoume ao piso duns amigos en Centro Habana. Con ela estaba o seu neto Álvaro, un estudante de secundaria que ocupaba na casa o lugar do avó, quen viaxara a Villa Clara para participar nun congreso de medicina.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
“A rapaza nova, (...) xirouse cara a eles, e Touriñán viu que os miraba. Parecía unha meniña, recordoulle á súa irmá Sofía, que aínda estaba na secundaria, e Touriñán viu que os miraba e que tiña medo.” (Blanca Riestra: Noire Compostela, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.