Sensación producida pola necesidade ou a gana de beber
Etimoloxía
Voz que procede da latina sitis.
Exemplos *
“Non tiña fame, nin sede, nin sono. Todo lle era alleo e, por un instante, sentiu como se desvencellaba do seu propio corpo para quedar suspendido no aire, nalgún punto daquel cuarto cunha potente luz branca.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortes, 2021)
“María dirixiu unha mirada aos fermosos froitos da laranxeira: –Simplemente pedimos un par de laranxas para os nosos nenos, que están con moita sede.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006 )
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


