sedela

Fío moi resistente, xeralmente de nailon, que se utiliza para pescar con cana ou á liña

Etimoloxía

Voz derivada sobre “seda” que, á súa vez, procede do latín saetam de significado semellante.

Exemplos *

“Aquel sábado pola noite puxera case duascentas varas nas beiras do rego, cada unha coa súa sedela e o seu anzol cunha miñoca. Estaba prohibido facelo, pero as leis que así o dispoñían estaban feitas para os demais, non para don Raimundo Froilán.”(Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

“London, poema longo, adiviñanza / en que me perdo e encontro cada día, / sedela de pesca nunha tarde longa / que trae verdades con escama húmida / ao caer a tardiña. Volta á casa.” (Francisco Fdez Naval: Realidade primaria (Testemuños (en Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla), 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.