seguridade social

Organización oficial destinada a asistir aos traballadores en caso de accidente, enfermidade, desemprego etc.

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “seguridade” e o adxectivo “social” que procede dos equivalentes latinos securitas ‘garantía’ e socialis ‘dos aliados’.

Exemplos *

“O establecemento da seguridade social agraria, malia a súa enorme trascendencia, con toda unha constelación de efectos contrapostos sobre a nosa agricultura, constitúe unha das máis gravosas incógnitas da economía agraria galega.” (Xosé Colino e Emilio Pérez Touriño: Economía campesiña e capital. A evolución da agricultura galega (1960-1980), 1983)

“Acaso o síntoma máis preocupante é a existencia dunha boa parte da cidadanía, especialmente entre a xente máis nova, que descoñece situacións nas que a seguridade social a penas tiña cobertura.” (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.