seitura

Operación que consiste en facer a sega do centeo ou de calquera outro cereal.

Etimoloxía

Chegou do latín, da forma sectura 'corte', a partir de secare 'cortar'.

Exemplos *

"O traballo era moito para a cuadrilla de catro persoas que tiña encomendada a seitura dun agro enteiro." (Bieto Iglesias Araúxo: Vento de seda)

"Despois da seitura do centeo os rapaces e rapazas ían rebuscar espigas ós restrollos e no setembro apañaban patacas, e de outono a decembro axudábanlles ás mulleres a recolle-las castañas." (Fina María Antón e Manuel Manidanes: O ciclo da vida)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.