Planta herbácea anual da familia das saxifragáceas, da que existen varias especies, con flores pequenas de pétalos brancos
Etimoloxía
Nome que vén do latino saxifragam denominación da mesma planta.
Exemplos *
“Non haberá muros nin valados, nin sebes nin casas. Só pallozas e choupanas, algúns chantos nas leiras, e cómaros poboados por árbores e silveiras. As seixebras medrarán nas vosas rúas e nas vosas estradas .” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)
“O arrecendo do ourego e da canela mesturase no espazo coa flor do azafrán e mais a seixebra, olas de azucre a ferver nas trepias e vapores de mil esencias, todo revolto entre adubos, amoados, xaropes e especiaría que de tanto xunto marea, sobe as calores e produce unha estraña borracheira.” (Víctor F. Freixanes: O enxoval da noiva, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.