seixo

Pedra dura de pequeno tamaño, que a erosión tornou lisa e arredondada

Etimoloxía

Termo que procede do latino saxum ‘rocha’.

Exemplos *

“Despois liscou camiño da fraga, pasou coma un foguete pola corredoira dos seixos e desapareceu na Carballeira Grande.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

“e desde a aldea de Requeixo de Chandrexa de Queixa saían os rabaños que pastaban nas abas do pico Seixo, o mesmo que os da aldea de Forcadas..” (Augusto Pérez Alberti: XIII Xornadas da Delegación Territorial da Sociedade Española de Ciencia do Solo de Galicia, 2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.