sela

Asento da bicicleta

Etimoloxía

Palabra que deriva da latina sella ‘cadeira’ ou ‘asento’.

Exemplos *

“Chegaron os veráns de praias e de perder o medo innato ao mar para ensinar a nadar aos cativos. Os outonos de bicicletas e abrigos, de rodiñas, de mans nas selas para que colleran o equilibrio. Os invernos de contos e cantigas nas ceas, de castañas e sanmartiños.” (Juan Manuel Parcero Martínez: Sangue no ollo, 2011)

“Así que supuxen que a bicicleta en cuestión non era deles, porque evidentemente non a entendían ben. Porque se entendes ben unha bicicleta así, o mínimo é ir montado nela, ou facendo acrobacias na sela ou no guiador.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.