selar

Pór un selo a un envío postal

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre “selo” que procede do vocábulo latino sigillum ‘marca pequena’.

Exemplos *

“Era o seu principal medo : a descendencia. Tamén deixaba cartas, lacradas e seladas, para que o seu sucesor, chegado o momento, puidese lelas.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

“—Saben, ho, saben, que o pon esta carta que lle traio.

—A ver, deixa logo. Bieito deulle unha ollada ó sobre e estaba o nome e o enderezo do Vilela. Arriba, á dereita, a data en que fora selada: 12 de marzo de 1947, hai uns nove anos. Pero Bieito fai que non reparou niso.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí