selección

Equipo formado por xogadores dunha mesma nacionalidade e adscritos a diversos equipos, reunidos por un seleccionador para representar ese país ante outros en partidos e competicións internacionais

Etimoloxía

Termo que procede do latino selectio, -ōnis.

Exemplos *

“Un home paroume diante dunha carnicería. Vestía unha camiseta coas raias brancas e azuis da selección de fútbol de Honduras e levaba un monllo de puros na man.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

“Durante o ano 1923 a selección galega de fútbol xogou varios partidos: contra unha selección do Centro, á que gañou por 4-1, contra Asturias (primeira derrota 1-3). O debut internacional foi contra unha selección de Lisboa (...), á que gañou por 3-1.” (Xoán Costa: Sermos Galiza, 8-2-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.