Relativo ou pertencente á Lúa
Etimoloxía
Voz que nos chega desde o grego selēnítēs 'pertencente á Lúa'.
Exemplos *
“Con todo, e como bo lunático (palabra nunca empregada con maior propiedade) que era, mostraba unha sabedoría moi considerable en materias selenitas así como nas disciplinas relacionadas cos satélites en xeral.” (Manuel Forcadela: A armada invencible, 1996)
“Así que, en 1920, cando a fotografía permitiu mapas máis precisos, a Unión Astronómica Internacional puxo orde na Lúa e encargou unha obra, "Named Lunar Formations", que saíu publicada en 1935 e que segue hoxe vixente como a toponimia oficial selenita.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 6-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.