selo

Pequena estampiña de papel que se cola nas cartas ou paquetes para pagar o seu transporte polo correo.

Etimoloxía

Substantivo que ten a súa orixe no latín sigillum, –i diminutivo de signum, –i 'marca, sinal'.

Exemplos *

"O día 3 de maio do 1978 púxose en circulación un selo de Correos dedicado ós encaixes de Camariñas, que formaba parte da serie sobre o tema Europa." (Xosé Luís Blanco Campaña: Camariñas terra de palilleiras)

"Ó principio de deixalo, paseino un tanto revirada, porque axiña lembraba aquela estampa de home coma se fose un selo de correos e dábame xenreira cun chisco de depresión." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.