Publicación que sae á rúa unha vez por semana
Etimoloxía
Formado sobre a palabra “semana”, que provén do latín tardía septimana, -ae, substantivación de septimanus, -a, -um ‘relativo ao sete’.
Exemplos *
“Do que aconteceu nas horas seguintes deron conta os xornais de tiraxe nacional, os semanarios, as televisións públicas e privadas e as emisoras de radio todo noticias.” (Fátima Torres Peón: Obras breves de imaxinación, 2011)
“Sáeche ó encontro cun par de cordeis dos que penduran os xornais da tarde, os semanarios ilustrados, os figurinos de tempada .” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.