sementar

Espallar ou depositar semente nunha terra de cultivo para que se reproduza.

Etimoloxía

Procede do verbo latino sementare, derivado de semen, -inis 'semente'.

Exemplos *

"Fora unha tarde, xa cerca da noitiña, cando ámbolos dous descansaban, logo de sementar os nabos na leira do Torroal." (Xosé Fernández Ferreiro: A ceo aberto)

"… os valados coas amoras, as patacas que volvín sementar, as nabizas cativas, os cogombros xigantes." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.