Gran, froito ou parte dun froito dunha planta onde está o embrión que, en condicións favorables, pode xerar unha nova planta // Acción de sementar
Etimoloxía
Vocábulo que bebe do latino sementem de significado análogo.
Exemplos *
“O libro vén con sementes de leituga para que os nenos empecen a súa propia horta!” (Ana Bulnes: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 1-2015)
“Debe haber unha sincronía entre a liberación da semente e a chea no río, e entre o devecer da chea e o crecemento das raíces. Amais, a semente non grela se non hai terreo fresco.” (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández: As bioinvasións na Galiza, 2004)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.