sementeira

Acción de sementar

Etimoloxía

Palabra creada sobre “semente” que vén do latín sementis con significado semellante.

Exemplos *

“Falabamos tódolos días, axudabámonos na sementeira e na colleita, eran boa xente e foime pasando o disgusto.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada/ Febre, 1997)

“Este ano non vai haber sementeira, antes de chegar Santo Tomé, cando as derradeiras neves se fundan coa nai Terra, ningunha ánima viva volverá pasar pola verea vella que nos trae a Abuín.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.