semioloxía

Teoría xeral dos signos e ciencia que estuda os diferentes sistemas de signos.

Etimoloxía

Neste caso, a base da palabra está no grego semeion, -ou ‘signo’.

Exemplos *

“Mesmo a moderna semioloxía inscribe a linguaxe humana nunha pulsación simbólica de todo o real.” (Ignacio Castro: Alén da fenda. Por unha filosofía do absoluto sensible)

“«os estudios bíblicos non sacaron aínda todo o proveito da nova situación da semioloxía». A aplicación que fai á análise das parábolas mostra, efectivamente, a posibilidade e a forza do carácter revelador desta linguaxe.” (Andrés Torres Queiruga: A revelación de Deus na realización do home)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.