Deporte que consiste en facer longos percorridos camiñando por vereas e sendeiros
Etimoloxía
Creación neolóxica sobre “sendeiro”, que vén do latín semitarius ‘que anda por atallos’.
Exemplos *
“...Unha comarca opta polo turismo activo a outra pode centrarse no sendeirismo, nas rotas de bicicleta de montaña, na gastronomía ou no enoturismo.” (Xosé Manuel Santos Solla: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro / Turismo e parroquias, 2009)
“ (...) puideron gozar de diversas actividades como sendeirismo, bicicleta ou talleres de todo tipo ademais de varias actividades náuticas.” (Olalla Ucha: Galicia Hoxe, 14-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.