Persoa que practica sendeirismo
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre “sendeiro” que vén do latín semitarius, derivado de semita ‘senda’.
Exemplos *
“A ponte de Santo Antón, románica do século XV, cunha área recreativa que invita aos sendeiristas a refolgar mentres escoitan o marmurio das augas, a ponte Carballa, cunha lonxitude de dezaoito metros e a ponte Gomaíl, son boas mostras do patrimonio artístico.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)
“Os vellos camiños pechados por silveiras e toxos ábrense de novo para os sendeiristas; as domas ou as traíñas de traballo rexorden como embarcacións deportivas.” (Santiago Lamas Crego: Galicia borrosa, 2004)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.