senectude

Calidade ou estado de ancián / Período de vida en que un é considerado ancián

Etimoloxía

Palabra que procede da latina senectus que significaba ‘vellez’.

Exemplos *

“O capital do pai fora devecendo, dirixido por un patrucio xa entrado na senectude. Podía dar para comer, pero a manutención había que arrincarlla á terra a golpe de sacho e de suor.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O pito do Severo, 2013)

“Earl Stone sempre tivo bastante abandonada a súa familia por mor da súa gran paixón: as flores. Chegada a senectude dáse de conta de todos os erros que cometeu.” (Andrés Castro: ‘Mula’, por Andrés Castro, Nós Diario,12-4-2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.