Máis vello.
Etimoloxía
Adaptación do latín senior, –oris 'o máis antigo' que é o adxectivo comparativo de senex, senis 'vello'.
Exemplos *
"Eu tamén ía de boa gana -di Ramiro Aguiar sénior-, pero a verdade é que xa me atopo algo vello, e teño medo a servir máis de estorbo ca doutra cousa" (Darío Xohán Cabana: O cervo na torre)
"O Pombo sénior encargábase da melodía de fondo _explica Mateo_, mentres o júnior poñía as detonacións sobre o peito dos paseados, polo Campo da Rata." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.