senlleiro, -a

Sen igual, que non ten comparación / Sen compañía

Etimoloxía

Vocábulo que nos leva ao equivalente latino singularium ‘único’.

Exemplos *

“Alfonso Rodríguez Castelao foi unha figura senlleira, mítica, que calou o seu esprito no cerne mesmo da terra galega. O nome de Castelao ten unha transcendencia outísima na historia da espiritualidade, recriada, de Galicia.” (Francisco Fernández del Riego: Galicia no espello, 1954)

“Boas tardes a todas as persoas (...) e, sobre todo, a vós, mozas e mozos que hoxe lle poñedes o punto final ao Bacharelato e vos despedides destas aulas e corredores que xa ocupan un lugar senlleiro na vosa memoria.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.