Campo sementado de trigo ou outros cereais
Etimoloxía
Palabra de orixe celta procedente de sénara ‘campo de labor’.
Exemplos *
“Non sabía a onde ir, e lanzouse a unha cega fuxida camiño abaixo en dirección á aldea. Pero antes de chegar á primeira casa, desviouse por unha senra abandonada onde a herba medrada lle freou o paso.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)
“Aquí enriba, neste planalto modulado por gándaras, páramos e senras que agora son lameiros inmensos e sucado por tenues fíos de salgueiro... Aquí enriba nace outro mundo.” (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.