sentido do humor

Capacidade para comprender e aceptar o humor ou as bromas dos demais, ou para obrar con humor

Etimoloxía

Locución formada por “sentido” procedente de “sentir” desde o latín sentire e a frase preposicional cuxo núcleo é “humor” do latín humor ‘líquido dun organismo vivo’.

Exemplos *

“A pesar desta adversidade segue a publicar con éxito, facendo gala dun extraordinario sentido de humor, xa que facía un chiste no que dicía que "aos meus 70 anos e sigo a ser un desvirgador de editoriais.” (Antonio Cendán: A Nosa Terra, 2009)

“Luís, querido amigo −falou, tras recoñecelo. E sorriu ó tempo que lles facía coa man un aceno para que se tranquilizasen−. Así e todo vexo que non perdiches o sentido de humor.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.