sentimental

Relativo ou pertencente á vida afectiva, ao amor.

Etimoloxía

Este adxectivo deriva do verbo sentir, que vén do latín sentire 'percibir polos sentidos'.

Exemplos *

"Por iso Luís Leonardo repetía moitas veces sobre o piano algúns fragmentos que acompañaban as súas evocacións sentimentais." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)

"Excéntrica, soñadora e divertida, aos seus 25 anos atópase nunha suerrealista encrucillada sentimental ao namorarse do fillo do seu maduro amante." (Albino Mallo: Galicia Hoxe 26-03-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.