Soldado que cumpre a misión de vixiar un posto e personaxe do Entroido
Etimoloxía
Préstamo do italiano sentinella, e este derivado de sentire 'oír', 'sentir'.
Exemplos *
“Unha decena de localidades do rural encherán a partir das 16.00 horas as rúas con máis de 30 carrozas, comparsas, charangas e coros, encabezados por 14 xenerais, correos e sentinelas de Santeles.” (Redacción: Galicia Hoxe, 8-3-2011)
“Os veciños divídense en dous grupos; un invasor e outro defensor que conta con xenerais e correos, que son os encargados de iniciar a batalla. O correo do exército atacante solicita a entrada nos dominios da sentinela, ao que lle resposta o correo do exército defensor.” (Redacción: Galicia Confidencial, 23-2-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.